mércores, 29 de xullo de 2015

Relatos de Amor e Violencia

Non lembro, hai cousas que non lembro... moitas. Case non lembro cousas da miña infancia. Iso si teño unha lembranza: a miña nai chorando, choraba moito miña nai. Eu preguntábame por que choraba "non pasa nada" dicía ela... Pasado un tempo relacionei que choraba depois de falar con el... Sempre estaba triste miña nai. Unha vez díxome: tes que estudar para non depender de ninguén, eu tiña 7 anos e xamais deixei de estudar, xamais.
Miña nai non era capaz de enfrontarse a el e eu intentaba tirar por ela, nunca a vin feliz realmente. O que me sorprende e que só eu me dese conta, aparentemente, meus irmáns non se decataban ou polo menos nunca se falou do tema e vían o mesmo...
En público era diferente, non notabas nada raro pero eu fun a casa dunha amiga e pensei: " isto é distinto"
Non entendo a miña nai, non entendo que diga que o quere, eu non podo querelo.
(este é o relato dunha muller xove críada nun ambiente de maltrato psicolóxico, percíbense os efectos sobre os fillos). Un pai violento nunca é un bo modelo para os fillos e xamais é un  bo pai.
----------------------------

Por un intre, un segundo sen máis coma un refacho volveu ese pensamento: non quero estar aquí, non quero vivir, non estou recuperada, non estarei recuperada mentres teña estas entradas autodestrutivas, sorte que non teño fillos (o suicidio da nai fai un dano irreparable dime o psiquiatra)... vaime subir a dose se lle falo destes refachos asasinos...
(palabras dunha muller que conviviu moitos anos cunha parella violenta).

Relatos desesperados dunha muller namorada, ese namoramento que a fai aguantar, que lle impedía reaccionar cuando recibía  insultos, desprezos. Hai afectos que danan, afectos que destrúen sen deixar  de ser afectos, hai un vínculo afectivo, un vínculo destrutivo pero un vínculo.

Ese amor romántico perverso impide á muller reaccionar a tempo pero non se pode explicar só polo amor romántico que claro que fai estragos en mulleres dependentes e en moitas menos dependentes... hai outros factores engadidos nestas mulleres feridas de amor como é se houbo violencia na súa familia de orixe, hai por tanto unha tendencia a repetir o trauma (compulsión a repetilo): non senten que merezan nada mellor, merece o que lle pasa cre , e non sabe que esas cousas non son normais.

Se analizamos as raíces, a infancia, podemos comprobar que as mulleres teñen ausencia de apego sano (vínculo inseguro coa nai... por ex) e de adultas van buscar nas persoas que se encontran "todo o que lles faltou de nenas" facendo calquera cousa para preservar ese vínculo que lle aporta algo disto "iso non mo deu ninguén xamais"  poden dicir. Para unha persoa con carencias afetivas isto é o ceo.... ai! ai! ela non sabe que este vínculo afetivo é destrutivo, moi destrutivo. Ela terá que preguntarse por que permanece ancorada nun vínculo afectivo destrutivo e non será só polo amor romántico non.

Educar ós nenos facéndolle pensar que cando alguén os quere están a salvo, non é axeitado. Están a salvo cando alguén "os quere ben".

luns, 8 de xuño de 2015

Podes tArdar mOitos aNos¡¡¡¡

Podes tardar moitos anos en darte conta que estás  cun  "imbécil" , sen ánimo de insulto digoo, porque  se analizamos a definición da RAE, imbécil:carente de sensatez, débil, escaso de razón   é un bo termo para calificar a estés homes autoritarios e controladores.

Chama á atención como estes homes carentes de sensatez poden facernos sentir imbéciles a nos : este que lle di ao día seguinte despois de parir : " ala en canto poidas correr venga¡¡¡ , esa barriga hai que baixala"  ou estoutro que comenta sen inmutarse despois de darlle voltas e voltas a un tema para confundila : "tómate algo , vete al psiquiatra que estás muy alterada¡¡¡"....sobra dicir que a primeira muller fixo runnin e a segunda acabou no psicólogo , tendo sorte xa que puido descubrir que o problema de alterarse pasaba por deixar a esa parella e así o fixo.

Pero moitas despóis de darse conta que están  cun imbécil , que ao seu lado se sinten tristes , inseguras, imbéciles (que todo se pega)  pensan que quizáis el poida cambiar e asi pasarán outros dous anos máis  "dándolle voltas á paella" ....e cada vez máis ansiosa -depresiva. Sobra dicir que o imbécil coma unha leituga¡¡¡¡

Cando por fin ela asume o seu estilo de vida e que el non vai facer que te sintas ben pensa : "podo estar polos fillos" ...outro engano máis ....Será pola soedade será ...Si cunha parella asi    máis soa non podes estar .  Cando o enganche é so económico sempre é máis doado sair correndo claro ¡¡¡non entendo como algunha muller pensa en buscar un marido rico. Hai que axudar precisamente a que as mulleres non teñan dependencia económica , o matrimonio xa non é un emprego para a muller desde hai moitos anos e o traballo doméstico non pertence  á natureza feminina.

domingo, 22 de febreiro de 2015

Violencia estrutural

A violencia pode ser fìsica ,psìquica,sexual,,económica,espiritual e estrutural. A violencia estrutural è posiblemente a peor identificada mesmo por moitas mulleres e podemos dicir que està moi vinculada ao poder ,poder polìtico e económico claro .
Hai que visibilizala para identificala . Exemplos desta violencia son a prohibición de interrumpir un embarazo as mulleres novas menores de idade sen consentimento paterno, o desigual reparto da riqueza entre homes e mulleres : falar de pobreza è falar de mulleres pobres, o retorno progresivo das mulleres a labores de coidado de maiores,menores, dependientes, as dobres e triples xornadas que realizamos as mulleres ,,unhas màis ca outras claro...
O uso do xenèrico masculino : médica, bombeira, pasteleira ...mira que lle costa eh!!!
Educar aos màis pequenos comèndolle o coco con esperar ao " principe azul" que temos que atopar sí ou sí , iso da media laranxa !!!!coma se estivesemos incompletas e bla bla bla ...
Cosificar ao corpo feminino ata convertelo no ideal de beleza que algúns queren ,ideal actual din,,,ideal que como ben sabemos foise modificando pero è igual a muller foi e segue a ser escrava do culto ao corpo ,cosmèticos ,dietas para estar á "altura"
Esta violencia non mata directamente pero fai que se siga pensando que somos inferiores ,que o home ten a palabra e a muller adorna, que temos que aguantar...
Asi que xa sabemos todas e todos que para eliminar as mortes por violencia de xènero hai que facer cambios políticos e económicos , non depende so de educar en valores como din....

Esmagamento sistemático da nai

Os que traballamos en temas de violencia vemos e non poucos casos que paradoxalmente os fillos quedan baixo a custodia do proxenitor abusivo que mantén o control e é perfectamente capáz  de mostrar a sùa mellor cara, mentres ela esmagada é considerada incapaz de exercer a súa función debido a gravidade do seu estado , que se interpreta non como a consecuencia senón como a causa dos problemas da parella.
Os fillos viviron ese esmagamento sistemàtico da nai que acabarà desenvolvendo unha clínica depresiva "refractaria" a toda medicación ou psicoterapia.
Non è raro que eses fillos continúen o maltrato coa nai (para eles iso è o "normal") : "ela ponse nerviosa por nada e berra seguido ....eu xa non lle falo" comentaba un fillo falando da súa nai (en terapia este fillo por maltrato coa parella)...
Estes fillos  tenden a repetir o trauma xa que están identificados co pai abusivo ( trauma transxeneracional)-poden desenvolver unha adicción à "calma despuès de la tormenta" chegando a provocar a explosión para recuperar a paz. Teñen dificultade para establecer relacións sans.
Cando chegan a súa terapia è cando descobren que a súa nai non è tan desequilibrada como lle trasmitiu o proxenitor e o ambiente no que medraron,,,,,pero non è fàcil e non todos estàn dispostos aadmitir que  seu pai non foi tan bo pai como pensaban " machismos de antes ...iso non se cambia " din 

Danse casos e non poucos  que abandonan a terapia . A historia asi continúa .......

martes, 6 de xaneiro de 2015

Case ningunha muller recibe o amor que anhela (de textos de Marcela Lagarde)

Esta antropóloga mexicana académica e política leva estudando o amor desde os inicios da súa carreira e sinala que as liñas do amor sempre falan da biografía da persoa, moitas veces creando grandes problemas na vida das persoas.

Nas sociedades patriarcais o suxeito simbólico do amor é o home ,O HOME É O CENTRO : androcentrismo . O home ten ese plus .... ese plus de poder só por ser home e isto está no amor : Dalles un poder extraordinario sobre as mulleres, nas familias ,nas institución...e ese poder o home pode trasladalo a calquer lugar algo que a muller non poder facer ...A muller exerce o seu poder de maneira territorial : ou na familia ou no traballo ou nunha institución pero este poder non se  traslada a outros sitios como pasa co home ., Marcela di :"si conoceis alguna mujer que extienda su poder como un hombre traérmela ,tenemos que conocerla..."

A muller é a cautiva do amor , cautivadas polo amor..."estar en cautiverio ou estar cautivada polo amor" interesante esta dobre dimensión .

A muller está ligada ao querer "dásenos o querer" per sé ligado a natureza feminina din, igual que a ética do coidado (nas familias coidan aos pais elas por exemplo) e igual que levamos unido a sexualidade co amor .

Os homes simplemente por ser homes reciben apoyo incondicional e os seus defectos míranse con gran tolerancia , na muller non é así todos coñecemos moitos exemplos disto e todolos días os medios de comunicación seguen lanzando mensaxes de menos tolerancía coa muller , todolos días e os nenos medran con iso ...Dicía  Simone de Bouvoire "son seres para los hombres" , o segundo sexo.

Os homes son amados case sempre e as mulleres desexan ser amadas. No desexo de ser amadas polo home aliméntase nas mulleres ese anhelo de ser amada ....e non necesariamente hai sintonía.
O termo Feminicidio apareceu en 1976 en bruselas nun encontró feminista e en 1990 Diana Russel e Jane Caputi deron a coñecer o termo nun artigo : é o asasinato de mulleres realizado por homes motivado por odio , desprezo, pracer, ou un sentido de propiedade das mulleres. 
En Méjico Marcela foi quen acuñou o termo en 1994 e deixou ben claro que a violencia de xénero e o feminicidio é un problema político e a resolución depende dos estados actuais.
Cómpre salientar que a devastación que produce o desamor en mulleres moi dependientes é enorme. Para moitos homes o amor é poder en sí (opresión amorosa) para megalómanos e narcisistas : "a miña muller" é a ética do propìetario e elas teñen o anhelo de ser as donas dos seus donos.

O amor está ligado a opresión de xénero ,se non hai igualdade non hai amor libre  ,calquera desigualdade abona ao desamor, necesitamos polo tanto outro tipo de relacións sociais para cambiar o amor, os homes de hoxe non consideran valioso cuidar, non aceptan deixar de ser o centro da súa vida ,ceder ese espazo aos outros e colocarse en posición subordinada fronte aos outros por que para eles cuidar é ser inferior ...Mentras as mulleres facemos de "superwoman".
Marcela Lagarde sinala que mestres non cambiemos o coidado por xénero ,etnia, clase non hai camino á igualdade.