sábado, 26 de abril de 2014

Tiene "cojones" un depredador?

Por medio de palabras, alusións, insinuacións é posible desestabilizar a alguén e incluso destruílo sen que os seus achegados se decaten.

Os agresores perversos pensan "se non hai culpa non hai sufrimento", só poden existir se "desmontan" a alguén, necesitan rebaixar aos outros para ter boa autoestima e asi adquirir poder xa que están en ansia de admiración e aprobación.

Por definición un individuo perverso é permanentemente perverso, encóntrase fixado nese modo de relación co outro e non se pon a si mesmo en tea de xuízo en ningún momento: "ela ponme nervioso", "ela faime perder o control"...

O primeiro acto do depredador é apropiarse da vida e paralizar á súa víctima para que non se poida defender, o "depredador" non ten un trastorno, simplemente é a súa forma de ser e estar no mundo. Unha muller inmersa nunca relación de maltrato pode dubidar ¿non serei eu quen inventa todo isto?... Estamos ante un proceso real de destrución moral que existe desde sempre nalgunhas familias e elas ao non ter a seguridad de ser comprendidas,  vítimas dunha agresión psíquica continuada, calan e sofren en silencio...

Iso de "Los hombres que cuidan a sus hijos tienen más cojones" que dixo Miriám González nun acto público do seu marido Nick Clegg (Vicepresidente Británico) pode estar ben para "favorecer" a crianza compartida pero a realidade do maltrato di que hai pais que fan a colada, a comida, a compra, levan aos fillos ao cole etc... e non respetan á nai dos seus fillos de portas adentro (os ataques subterráneos son sistemáticos)... Cara á galería "dan o pego". Co cal podemos estar ante un pai que coida aos fillos e é perverso coa muller. ¿Quen vai crer a versión dela? (Fonte : Acoso moral, de Hirigoyen)

domingo, 13 de abril de 2014

TRES TIPOS DE RELACIÓN DE PARELLA...e a SoeDaDe

Fina Sanz, experta en relacións de parella, sinala que hai tres modelos básicos de relacións:

  • O modelo de Inclusión.
  • O Fusional Utópico.
  • O modelo de Interdependencia.

O primeiro, de Inclusión é o que favorece as relacións de poder ou de dominación-submisión, porque está xerarquizado e favorece a dependencia, xa que unha persoa, xeralmente a muller, está incluída no espazo da outra e non decide que quero, que me gusta que desexo. Neste modelo non se ten en conta o espazo persoal propio de cada persoa á marxe da parella. É a parella tradicional.

O segundo Fusional Utópico é o modelo ideal (e viviron sempre felices...) para as persoas que pensan niso da "media laranxa": os mesmos gustos, desexos, amizades e como isto non é posible podemos estar cambiando de parella con frecuencia.

O modelo de Interdependencia é unha relación igualitaria, xa que hai un espazo común compartido e un espazo persoal non compartido para cada membro da parella.

Antes de ser parella ése persoa, polo tanto este modelo respecta a individualidade.

O modelo no que nos criamos a meirande parte de nós é no de Inclusión, é o tradicional e tendemos a repetilo na vida adulta.

Así aprendemos a someternos aos desexos da parella e dos fillos e non nos queda espazo de crecemento persoal. Moitas mulleres hoxe en día que creen ter un modelo de interdependencia se xorde un conflicto de intereses (traslado laboral, filos enfermos ou familiares...) é ela a que se resigna polo ben común e renuncia laboralmente para ser coidadora.

A educación de xénero fomenta que as mulleres se identifiquen coa crenza de "ser para os outros" e se sintan completadas a través da aprobación dos outros. Isto leva á submisión e a aceptar un papel secundario con respecto aos homes.

O medo a soedade é clave traballala nas mulleres: ninguén necesita a ninguén e moito menos a, alguén en concreto.(Fonte: La Psicoterapia de Equidad Feminista de Muruaga y Pascual)