sábado, 26 de abril de 2014

Tiene "cojones" un depredador?

Por medio de palabras, alusións, insinuacións é posible desestabilizar a alguén e incluso destruílo sen que os seus achegados se decaten.

Os agresores perversos pensan "se non hai culpa non hai sufrimento", só poden existir se "desmontan" a alguén, necesitan rebaixar aos outros para ter boa autoestima e asi adquirir poder xa que están en ansia de admiración e aprobación.

Por definición un individuo perverso é permanentemente perverso, encóntrase fixado nese modo de relación co outro e non se pon a si mesmo en tea de xuízo en ningún momento: "ela ponme nervioso", "ela faime perder o control"...

O primeiro acto do depredador é apropiarse da vida e paralizar á súa víctima para que non se poida defender, o "depredador" non ten un trastorno, simplemente é a súa forma de ser e estar no mundo. Unha muller inmersa nunca relación de maltrato pode dubidar ¿non serei eu quen inventa todo isto?... Estamos ante un proceso real de destrución moral que existe desde sempre nalgunhas familias e elas ao non ter a seguridad de ser comprendidas,  vítimas dunha agresión psíquica continuada, calan e sofren en silencio...

Iso de "Los hombres que cuidan a sus hijos tienen más cojones" que dixo Miriám González nun acto público do seu marido Nick Clegg (Vicepresidente Británico) pode estar ben para "favorecer" a crianza compartida pero a realidade do maltrato di que hai pais que fan a colada, a comida, a compra, levan aos fillos ao cole etc... e non respetan á nai dos seus fillos de portas adentro (os ataques subterráneos son sistemáticos)... Cara á galería "dan o pego". Co cal podemos estar ante un pai que coida aos fillos e é perverso coa muller. ¿Quen vai crer a versión dela? (Fonte : Acoso moral, de Hirigoyen)

Ningún comentario:

Publicar un comentario