domingo, 30 de marzo de 2014

Depresión de Xénero

Segundo a OMS uns 400 millóns de persoas sofren algunha clase de depresión no mundo e en España aproximadamente 4 millóns. O 20% corresponde a depresións endóxenas ou biológicas e afectan por igual a homes e mulleres. O 80% restante son esóxenas, isto é teñen a causa no exterior, nas circunstancias afectando moi desigualmente a homes e mulleres: 70% a mulleres e 30% a homes.
A explicación de que afecte máis a mulleres estando a causa no entorno, débese á socialización de xénero, as relacións de poder/submisión entre ambos  sexos e as consecuencias son negativas para a saúde mental da muller.
Estas mulleres padecen Depresión de Xénero e as causas non son biológicas, xenéticas nin hereditarias; as causas están na subordinación e na violencia de xénero (a desigualdade entre homes e mulleres).
A muller desde que nace é adestrada diferente ao home a través dos modelos de xénero familiares, estés mandatos de xénero serán para ela difíciles de desobedecer, pero hai que romper con eses mandatos de género que piden sacrificio, dependencia e pasividade.... así aprendemos a sufrir as mulleres e non desenvolvemos a capacidades para o goce.
Este modelo limita a nosa sexualidade, interiorizamos múltiples medos, trata de que vivamos só para os demáis ,quedamos nun segundo plano e a nosa individualidade postergada....
A muller que sae dos mandatos e roles tradicionais para exercer outros modelos máis autónomos de ser muller, recibe presións, conflitos e malestares do sistema patriarcal: "é demasiado independente, moí avanzada,  a ninguén lle gusta que a súa muller gañe máis,  se tivese un fillo..."(fonte :La Psicoterapia de Equidad Feminista de Muruaga e Pascual)

Educación afectivo sexual / Prevención do abuso

Segundo Rosa Sanchís o modelo de sexualidad que temos é: sexista, heterosexual, coital, xenital e adultista. Coeducar significa traballar para unha educación afectivo-sexual:

  • Non sexista: que non trate de forma diferente a nenos e nenas e valore os sexos por igual.
  • Non reprodutiva: o obxectivo da sexualidade non é só a reprodución xenón tamén o pracer, o descubrimento do propio corpo, a comunicación, o intercambio.
  • A favor da diversidade sexual: considera as relacións e as prácticas heterosexuais, homosexuais, bisexuais e todas as formas de diversidade sexual como unha manifestación libre e natural da cada persoa.
  • Non coital: todas as prácticas son importantes, desde as caricias ata a penetración. O maís importante e o máis prazenteiro é o que cada persoa decide.
  • Non xenital: o pracer non só se sente nos xenitais, pódese sentir en todas as partes do corpo e cada persoa ten que descubrir aquelas zonas que lle producen máis pracer.
  • Non parellista: a sexualidade pódese vivir en parella e por amor ou tamén doutras maneiras, que non supoñen vivir en parella nin sentir amor.
  • Non adultista: a sexualidade vívese desde que nacemos ata que morremos e maniféstase de forma moi diversa segundo cada idade, momento e persoa.
Desde a escola e desde pequenos hai que traballar aínda moito ...hai xóvenes que teñen ideas que conceden privilexios aos homes,  por exemplo eles poden ter moitas parellas e sínten orgullo, elas se teñen moitas parellas son ...

O "SEXO ATRIBUIDO " que din...

O discurso médico refírese ao sexo como algo biológico para determinar macho ou femia, punto de vista binario, pero a diferenza sexual non é algo anatómico só, tamén é socialmente construído: as nenas mexan sentadas os nenos de pé, elas xogan con bonecas... Nos colexios as actividades extraescolares son moi reveladoras: eles todos detrás do balón e elas ballet ou volley ou natación. Un neno ou nena que queira saír destes roles será catalogado de "rarito"... isto é ser educado de forma diferente ou desigual. As persoas somos moito máis complexas que estos binomios home/muller, masculino/feminino.
A nena tratará de non transgredir as "normas de xénero" para non ser considerada un "macholo" e pode privarse de facer algo que lle gusta... porque socialmente é cousa de chicos.
Hoxe en día unha muller que teña un "rol masculino", por exemplo unha directiva que pasa días fóra da casa pode verse criticada como nai e como muller: ¿"non sei como é capaz de levar unha familia viaxando así¡¡"
Se fose un home farían a mesma valoración como pai ou home?

luns, 17 de marzo de 2014

Sexo - Xénero - Violencia Simbólica

O sexo vén determinado bioloxicamente segundo sexa home ou muller. O xénero fai referencia aos comportamentos, características sociais, culturais e psicolóxicas que cada sociedade asigna a cada un dos sexos.
O xénero é unha construción psicolóxica, social, cultural, pódese dicir que é sinónimo das expectativas sociais, é cultural e aprendido.
Na nosa sociedade aínda se fala dun estereotipo de xénero feminino baseado na submisión, na tenrura, sensible, pasiva, necesitada de protección comprensiva, reprimida sexualmente e insegura. Mentres a opinión sobre o home é que sexa: violento, con autoridade, activo, triunfador, agresivo, competitivos, sexualmente libres...
O machismo atribúe á masculinidade máis valor, máis recoñecemento e socialmente hai a crenza de que o home é superior: os medios de comunicación contribúen a divulgar eses estereotipos machistas, esas nocións preestablecidas de ser home ou muller, é o que se chama violencia simbólica que segué presentando á muller como obxeto de desexo: os anuncios de coches con chicas en biquini, os anuncios en espazos domésticos onde sae máis a muller, as películas que falan do amor romántico como a única saída e o príncipe azul das películas Disney, etc...
Hai exemplos no audiovisual contemporáneo, nas artes visuais, na literatura que aínda lazan mensaxes machistas e temos que estar atentos para saber identificar xa que esta violencia lexitima o machismo e as súas pegadas se multiplican culturalmente...
Considerar que a muller pertence ao home, que debe satisfacer os desexos sexuais do seu home e ser fiel, que debe ser bela, sinxela, delicada, obedecer ao home, que elas son as responsables dos fillos e a familia son crenzas culturais patriarcais que se reproducen nos medios de comunicación, na cultura facendo violencia simbólica que percibe a nena desde pequena (e o neno). É algo construído, non natural e polo tanto pódese cambiar e débese cambiar. 
  

domingo, 16 de marzo de 2014

A violencia é cíclica

O ciclo da violencia é enormemente parecido en todos os casos. Leonor Walker describiuno en 1984 en tres fases:
  • Fase de acumulación de tensión: nela o maltratador cambia o seu estado de ánimo de forma repentina e imprevista, móstrase molesto ante calquera comportamiento da muller, comezan os insultos, os menosprecios, a ira contida, os actos de violencia menor. A tensión xorde arredor de conflitos e frustracións cotiás. A muller trata de calmado, evitando facer aquilo que a el lle poida molestar e aceptando as súas esixencias, chegando mesmo a culparse a si mesma. A vítima experimenta confusión e anguria. A distancia emocional, a tensión e a irritabilidad do maltratador van aumentando ata pasar á segunda fase.
  • Fase de agresión: prodúcense malos tratos en forma de abusos psíquicos e/ou sexuais graves. Esta descarga de agresividade alivia a tensión do maltratador. Ao contrario do que podería parecer, a violencia do home non é unha demostración de forza, senón un acto de impotencia. Ao non alcanzar as súas expectativas o varón sente que perde poder e exerce a violencia para recuperalo. Despois desta fase de golpes cada un reafirma a súa identidade na parella: debilidade e submisión na muller e forza e poder no home.
  • Fase de arrepentimento o de "lúa de mel": supón unha fase de calma, con actos de arrepentimento, demanda de perdón e promesa de que non volverá suceder por parte do maltratador. A muller cre na posibilidade deste cambio de conduta e tenta que a relación funcione.
Ao remate desta fase o ciclo comezará de novo. Co paso do tempo o maltrato, por motivos cada vez máis insignificantes, vólvese máis frecuente e perigoso. A fase de arrepentimento tende finalmente a desaparecer.

Cando a situación se fai habitual, a muller percibe que, faga o que faga, vai sufrir maltrato, pero entón xa non rompe coa relación pola súa situación psicolóxica (baixa autoestima, indefensión, depresión, sensación de desamparo e impotencia, etc) froito do maltrato continuado.



xoves, 13 de marzo de 2014

Unha de cada cinco europeas sofre maltrato físico ou sexual

Hai mulleres que poden considerar o que lle está a pasar como normal nunha relación de parella, como non violencia pola forma en que foron educadas ou porque é algo que viron na súa familia, comunidade, rexión como un tabú do que non se fala. Por exemplo, en Lituania, un país europeo, aínda hoxe non se considera delito a violación dentro do matrimonio (Pierrelle Pape Coordinadora do Lobby Europeo de Mujeres). Esta especialista sinala que unha de cada tres mulleres europeas sufriu violencia física ou sexual e unha de cada cinco a mans da súa parella ou ex parella (enquisa realizada sobre 42.000 mulleres europeas).
A violencia comeza sendo psicológica e despois, máis tarde ou máis cedo agresión física, aínda así danse casos de todo tipo nos que se empeza con golpes nos primeiros momentos da relación e outros manteñen un maltrato psicolóxico continuado sen chegar a golpear fisicamente á muller.
No 70% dos casos os malos tratos iníciase no primeiro ano de relación de parella.
Outros exemplos de maltrato psíquico, prácticas de dominación masculina ou "micromachismos" son:
  • Invadir a maioría do espazo físico que ocupa ela ou non deixala entrar nalgunha parte da casa "nesta habitación non podes entrar".
  • Maltratar á súa mascota.
  • Non deixala traballar, ou saír con amizades, ou estudar.
  • Tratala como se fose unha  nena.
  • Fisgar o whatsup e os mails, o facebook e a factura de teléfono móvil para controlar con quen fala.
  • Preguntarlle en todo momento onde e con quen está?.
  • Insistir, insistir, insistir... ata que ela cambia de opinión.
  • Non permitir que vista como ela quere ou poñer trabas á súa forma de pintarse.
  • Maltratar aos fillos, e aquí vese de todo, homes que só exercen ese maltrato coa muller e noutros casos hai pais que teñen un trato diferente coas fillas que cos fillos; é dicir, con eles o trato é mellor... En calquera caso hai que deixar claro que un pai que non respecta á nai tampouco está tratando ben aos fillos.
  • Non repartir o traballo doméstico, tratala como unha serventa.
  • Non amosar interese polas cousas dela ou non contestar cando lle fala.
  • Ameazala con abandoala se non fai o que el quere ou con suicidarse.
  • Culpala das súas desgracias se as cousas lle saen mal.
  • Déixala en ridículo diante doutras persoas.
  • Romper obxectos ou berrar "coma un tolo" cando se enfada.
  • Se ela non traballa, non lle dá cartos e limítaa moito economicamente.
  • Cando ela ten os seus ingresos prodúcense situacións de todo tipo... aínda hai homes que non levan ben que a muller gañe máis cartos ca el. En xeral se o home é manipulador tamén leva un control económico: "xa se encargará el de que ela entregue todo na casa".
  • Probablemente ela non se sentirá libre para romper a relacion e deixalo.

mércores, 12 de marzo de 2014

Os dez mandamentos da muller

Unha liña de lencería lanzou en México unha campaña sobre os 10 mandamientos de toda muller. Nela pediuse durante meses a mulleres de todo o país que enviasen de xeito anónimo os seus mandamentos ou regras para vivir. Recibiron máis de 25 mil propostas, das cales 30 puxéronse a votación popular. Os dez mandamentos elixidos foron:


No seguinte vídeo pódense ver os 30 mandamentos finalistas.


domingo, 9 de marzo de 2014

Segue concedéndose primacía ao estudo do maltrato físico fronte ao psicolóxico

É un fenómeno aparentemente incomprensible e moito máis nos casos que as mulleres volven co maltratador e mesmo chegan a considerar a orde de alonxamento como unha pena imposta a elas mesmas... en realidade o que cambia de súpeto para ela é o panorama que pode ser asasinada.....
O maltrato psicolóxico é difícil de detectar para ela e para os familiares próximos xa que o agresor pode actuar distinto cando está a soas con ela...
Non é raro que unha muller cheque á consulta de atención primaria por ejemplo con síntomas ansiosos depresivos cando en realidad convive cun maltratador psicolóxico: hai formas de maltrato tan sutís que a muller pode crer que son sinais de amor cando en realidad están subordinando a muller.
Exemplos disto son:

  • El nunca recoñece erros, os erros son sempre dela, busca que se sinta culpable sempre. 
  • Desautoriza á nai ante os fillos.
  • Non a deixa falar .
  • Actúa diferente en público (en público sabe perfectamente como actuar con ela e cos demais).
  • Debe saber todo dela e decidir por ela.
  • Pode burlarse do seu físico: directamente ou con xestos, de forma que ela pode chegar a dubidar de se son manías dela como el di ou é verdade que se burla realmente.
  • Non acepta decisións dela, sempre se ten en conta o que decide el.
  • Ponse de ligue ou facéndolle as beiras a outras mulleres na presenza dela e despois nega a evidencia "ti sempre coas túas manías e ciúmes".
  • Pode forzala a ter relacións sexuais ou abandonala neste sentido, non amosar interese ningún por ela.
  • A agresividade pode tomar a forma dos típicos insultos ou unha forma de falar con ironía para desvalorizala, degradala (esta última é a máis difícil de detectar por unha muller que está namorada e cre todo o que el di).
O maltrato psicolóxico pode manifestarse de múltiples formas ,todas as formas buscan degradar, desvalorizar, exercer poder e control sobre ela...