domingo, 16 de marzo de 2014

A violencia é cíclica

O ciclo da violencia é enormemente parecido en todos os casos. Leonor Walker describiuno en 1984 en tres fases:
  • Fase de acumulación de tensión: nela o maltratador cambia o seu estado de ánimo de forma repentina e imprevista, móstrase molesto ante calquera comportamiento da muller, comezan os insultos, os menosprecios, a ira contida, os actos de violencia menor. A tensión xorde arredor de conflitos e frustracións cotiás. A muller trata de calmado, evitando facer aquilo que a el lle poida molestar e aceptando as súas esixencias, chegando mesmo a culparse a si mesma. A vítima experimenta confusión e anguria. A distancia emocional, a tensión e a irritabilidad do maltratador van aumentando ata pasar á segunda fase.
  • Fase de agresión: prodúcense malos tratos en forma de abusos psíquicos e/ou sexuais graves. Esta descarga de agresividade alivia a tensión do maltratador. Ao contrario do que podería parecer, a violencia do home non é unha demostración de forza, senón un acto de impotencia. Ao non alcanzar as súas expectativas o varón sente que perde poder e exerce a violencia para recuperalo. Despois desta fase de golpes cada un reafirma a súa identidade na parella: debilidade e submisión na muller e forza e poder no home.
  • Fase de arrepentimento o de "lúa de mel": supón unha fase de calma, con actos de arrepentimento, demanda de perdón e promesa de que non volverá suceder por parte do maltratador. A muller cre na posibilidade deste cambio de conduta e tenta que a relación funcione.
Ao remate desta fase o ciclo comezará de novo. Co paso do tempo o maltrato, por motivos cada vez máis insignificantes, vólvese máis frecuente e perigoso. A fase de arrepentimento tende finalmente a desaparecer.

Cando a situación se fai habitual, a muller percibe que, faga o que faga, vai sufrir maltrato, pero entón xa non rompe coa relación pola súa situación psicolóxica (baixa autoestima, indefensión, depresión, sensación de desamparo e impotencia, etc) froito do maltrato continuado.



Ningún comentario:

Publicar un comentario