Hai mulleres que poden considerar o que lle está a pasar como normal nunha relación de parella, como non violencia pola forma en que foron educadas ou porque é algo que viron na súa familia, comunidade, rexión como un tabú do que non se fala. Por exemplo, en Lituania, un país europeo, aínda hoxe non se considera delito a violación dentro do matrimonio (Pierrelle Pape Coordinadora do Lobby Europeo de Mujeres). Esta especialista sinala que unha de cada tres mulleres europeas sufriu violencia física ou sexual e unha de cada cinco a mans da súa parella ou ex parella (enquisa realizada sobre 42.000 mulleres europeas).
A violencia comeza sendo psicológica e despois, máis tarde ou máis cedo agresión física, aínda así danse casos de todo tipo nos que se empeza con golpes nos primeiros momentos da relación e outros manteñen un maltrato psicolóxico continuado sen chegar a golpear fisicamente á muller.
No 70% dos casos os malos tratos iníciase no primeiro ano de relación de parella.
Outros exemplos de maltrato psíquico, prácticas de dominación masculina ou "micromachismos" son:
- Invadir a maioría do espazo físico que ocupa ela ou non deixala entrar nalgunha parte da casa "nesta habitación non podes entrar".
- Maltratar á súa mascota.
- Non deixala traballar, ou saír con amizades, ou estudar.
- Tratala como se fose unha nena.
- Fisgar o whatsup e os mails, o facebook e a factura de teléfono móvil para controlar con quen fala.
- Preguntarlle en todo momento onde e con quen está?.
- Insistir, insistir, insistir... ata que ela cambia de opinión.
- Non permitir que vista como ela quere ou poñer trabas á súa forma de pintarse.
- Maltratar aos fillos, e aquí vese de todo, homes que só exercen ese maltrato coa muller e noutros casos hai pais que teñen un trato diferente coas fillas que cos fillos; é dicir, con eles o trato é mellor... En calquera caso hai que deixar claro que un pai que non respecta á nai tampouco está tratando ben aos fillos.
- Non repartir o traballo doméstico, tratala como unha serventa.
- Non amosar interese polas cousas dela ou non contestar cando lle fala.
- Ameazala con abandoala se non fai o que el quere ou con suicidarse.
- Culpala das súas desgracias se as cousas lle saen mal.
- Déixala en ridículo diante doutras persoas.
- Romper obxectos ou berrar "coma un tolo" cando se enfada.
- Se ela non traballa, non lle dá cartos e limítaa moito economicamente.
- Cando ela ten os seus ingresos prodúcense situacións de todo tipo... aínda hai homes que non levan ben que a muller gañe máis cartos ca el. En xeral se o home é manipulador tamén leva un control económico: "xa se encargará el de que ela entregue todo na casa".
- Probablemente ela non se sentirá libre para romper a relacion e deixalo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario