domingo, 9 de novembro de 2014

Psicópata Integrado??

Camorrista é o máis proclive a causar dano sádico e a facelo con maior pracer. O Psicópata non quere tampouco á súa parella, a súa ansia é o control de todo.

Non mantén relación afectiva ningunha con ninguén e a única razón para saír cunha muller e controlala, aproveitarse dela e/ou sentir a excitación do control e a violencia sobre ela.

Teñen unha menor capacidade de sentir ansiedade o que lle permite actuar con gran "sangue frío". Esixe que todo se faga como el quere e convén, sendo o máis habitual que leven unha vida "parasitaria" (viven a costa dos demais)...

Imos a explicar como é un psicópata dunha maneira mais organizada. Comezamos polas súas crenzas básicas, o seu carácter: el é o centro do mundo , buscando activamente a súa propia satisfacción violando os dereitos alleos sen dificultade ningunha.

Ten metas ilimitadas de éxito e grandiosidade cando en moitos casos non teñen grandes cualidades dignas de admiración: máis ben a súa vida está marcada por problemas económicos, accidentes de tráfico, problemas de saúde e relacións interpersoais inestables (non teñen amigos e cambian de parella cando xa non é útil a relación para el, tampouco queren aos fillos...).

Desconfía e é moi suspicaz cara aos outros, para eles ser confiado é sinónimo de inxenuidade: isto explicaría esas reaccións hostís que adoita ter.

No terreo afectivo non se perciben condicionados polo castigo, non senten vergoña, culpa nin empatía. A muller que ten a desgraza de convivir cun home así pode percibir que a súa ira é de aparición súbita (ira descontrolada) e noutros momentos finxida para intimidala: poden discutir activamente para "saír coa súa" e sen embargo interiormente están calmados (ira instrumental para someter á muller).

É insensible á dor e sufrimento da vítima por iso pode chegar a condutas violentas severas (é o que chamamos falta de empatía). Tampouco ten remordementos pola súa conduta o que dá lugar a que repita unha e outra vez a violación dos dereitos dos que se relacionan con el: son auténticos depredadores emocionais que estimulan a compaixón da muller, sedúcena, dinlle o que queren oír ou o que lle vai chegar ó corazón (Caballo y López 2004).

O seu estilo de vida é desorganizado isto é non están motivados ó esforzo continuado, queren lucrativos beneficios a baixo custo e recompensa inmediata. Se poden vivir dunha muller !!!JAUJA!!! é seguro que non a deixan mentres teñan beneficio. A muller é un instrumento para el igual que nos collemos un abrigo cando temos frío...

Outra característica é que tenden ó aburrimento, necesitan estimulación, son inconstantes e volubles. Moi irresponsables no ámbito laboral, a nivel familiar (función parental pobre, non aportan cartos ós fillos, infidelidades, maltrato), persoal e social. Non necesariamente chegan a delinquir xa que aprenden a moverse nos "límites legais" aínda QUE NON SEMPRE O CONSEGUEN...

Narciso, O Vaidoso

Incapaz de deixar de mirarse no seu propio reflexo, moreu así... en pura contemplación (Mito de Narciso), a historia moralizante dirixida aos adolescentes gregos da época.

Se vives cun narcisista notarás a súa grandiosidade, o seu egocentrismo extremo e unha ausencia de interese por ti e os outros, pero a súa autoestima ten puntos débiles xa que ansía  admiración e aprobación doutras persoas (isto si o necesitan constantemente). Son os "da punta da póla" teñen que destacar como sexa e moitas veces sen uns méritos dignos de mención ou admiración como eles pensan.

Referíndonos á parellas encádranse nos agresores hipercontrolados: teñen obsesión polo perfeccionismo e extenden o control á súa parella e aos fillos. Son capaces de facer entolecer á muller por calquera mínimo asunto que non se lles dea a razón. Tenden a interminables discusión e xamais ceden. Dan voltas e voltas ao mesmo tema ata que conseguen a razón ou o seu obxetivo. Crense vítimas e tratan de manipular unha e outra vez con larguísimos dialogos ata conseguir o que queren. A ansia de dominio é a clave para entender a conduta deste tipo de agresor. Un dominio que lle permite superar momentaneamente a INSEGURIDADE en que se debaten por que se trata dun home moi pouco seguro de si mesmo, de aí que perciba as opinións que contradín o seu punto de vista como ameazantes e humillantes e séntese minusvalorado ante calquera comentario discordante: "non podo deixar que saia coa súa" e non dubidará en facer o que sexa para protexer o seu orgullo: "ela debe calar".

Se vives cun home narcisista xa sabes o que é: ou deixas a relación ou buscas mecanismos para ter vida á marxe del, soa xa estás, así que o mellor é deixalo...

Non intentes razoar con el... é inútil.

domingo, 2 de novembro de 2014

Tríada Escura

Das personalidades ofensivas, pero non patolóxicas, tres son as máis destacadas: o maquiavelismo, o narcisismo subclínico e a psicopatía subclícina que xuntas forman a TRÍADA ESCURA da personalidade chamada tamén TRÍOPE.

Unha parella formada por un destes tres tipos supón un suplicio vital para a muller e convén coñecelos para identificalos. A máis destrutiva é a psicopatía (un por cento da población) e non todos chegan a delinquir xa que se moven moi ben no límite legal, son os chamados PSICÓPATAS INTEGRADOS: neste grupo podemos meter a banqueiros, a políticos, directivos de empresa e moitos outros que sen ter estes postos son pais de familia e exercen a súa maldade coa muller e os fillos.

O menos coñecido dos tres é o maquiavelismo xa que son moi sobrios e autocontrolados, aínda tendo un comportamento insensible e egoista e a súa personalidade é MOI MANIPULADORA  sendo raro que cheguen á consulta dun psicólogo... O narcisista crese con dereito a todo e é moi dominante.
Os tres comparten características: carácter socialmente malévolo con tendencias de comportamento cara ó autobombo, a frialdade emocional, a duplicidade/dobrez, e a agresividade.
Son responsables dos seus actos; é dicir, non teñen unha enfermidade mental (é unha forma de ser e comportarse na vida). Noutros paises coma EEUU, Reino Unido ou Israel ser psicópata supón un agravante da pena apelando á súa agresividade.

Pódese dicir que a psicopatía integra ós outros dous (o maquiavélico e o narcisista) pero por que é máis hábil para manipularnos?.... Pois por que non senten ansiedade, non se poñen nerviosos cando menten ou manipulan, non se senten culpables, non se distraen con emocións externas a os seus obxetivos e senten gran satisfacción. Tamén convén aclarar que NON SON MÁIS intelixentes.
En diferentes entradas explicarei con detalle cada un deles.

Comecemos co maquiavelismo. O maquinador adopta unha postura cínica ante os demais e busca poder por medio da manipulación e a astucia disociándoo do que é ético ou moral... Así é unha persoa fría e calculadora nas relacións cos demais, que non manifesta abertamente as súas ideas e trata de conseguir o que se propón sen respectar principios morais e de lealdade. Coñecedes algún así non?...
As persoas maquiavélicas están moito máis orientadas a ter éxito que a preocuparse pola xente que os arrodean, sendo MOITO MÁIS EFICACES Á HORA DE MENTIR CARA A CARA. Son moito mellores ca nós mentindo e enganando incluso en encontros intimos e moi personais (os estudos demostraron que non son máis intelixentes, simplemente non son empáticos, teñen frialdade emocional, o que facilita a súa forma de actuar).
Cantos políticos hai así verdade??? e no mundo familiar, interpersoal e afectivo......
Unha muller pode pensar: "ten problemas, pero eu podo axudalo"; "tivo unha infancia dificil só necesita cariño"... Pois NON non non ...unha muller que pense así, que se prepare, xa que ten todas as papeletas para acabar emocional, psíquica e financieiramente esgotada.