domingo, 9 de novembro de 2014

Narciso, O Vaidoso

Incapaz de deixar de mirarse no seu propio reflexo, moreu así... en pura contemplación (Mito de Narciso), a historia moralizante dirixida aos adolescentes gregos da época.

Se vives cun narcisista notarás a súa grandiosidade, o seu egocentrismo extremo e unha ausencia de interese por ti e os outros, pero a súa autoestima ten puntos débiles xa que ansía  admiración e aprobación doutras persoas (isto si o necesitan constantemente). Son os "da punta da póla" teñen que destacar como sexa e moitas veces sen uns méritos dignos de mención ou admiración como eles pensan.

Referíndonos á parellas encádranse nos agresores hipercontrolados: teñen obsesión polo perfeccionismo e extenden o control á súa parella e aos fillos. Son capaces de facer entolecer á muller por calquera mínimo asunto que non se lles dea a razón. Tenden a interminables discusión e xamais ceden. Dan voltas e voltas ao mesmo tema ata que conseguen a razón ou o seu obxetivo. Crense vítimas e tratan de manipular unha e outra vez con larguísimos dialogos ata conseguir o que queren. A ansia de dominio é a clave para entender a conduta deste tipo de agresor. Un dominio que lle permite superar momentaneamente a INSEGURIDADE en que se debaten por que se trata dun home moi pouco seguro de si mesmo, de aí que perciba as opinións que contradín o seu punto de vista como ameazantes e humillantes e séntese minusvalorado ante calquera comentario discordante: "non podo deixar que saia coa súa" e non dubidará en facer o que sexa para protexer o seu orgullo: "ela debe calar".

Se vives cun home narcisista xa sabes o que é: ou deixas a relación ou buscas mecanismos para ter vida á marxe del, soa xa estás, así que o mellor é deixalo...

Non intentes razoar con el... é inútil.

Ningún comentario:

Publicar un comentario