domingo, 2 de novembro de 2014

Tríada Escura

Das personalidades ofensivas, pero non patolóxicas, tres son as máis destacadas: o maquiavelismo, o narcisismo subclínico e a psicopatía subclícina que xuntas forman a TRÍADA ESCURA da personalidade chamada tamén TRÍOPE.

Unha parella formada por un destes tres tipos supón un suplicio vital para a muller e convén coñecelos para identificalos. A máis destrutiva é a psicopatía (un por cento da población) e non todos chegan a delinquir xa que se moven moi ben no límite legal, son os chamados PSICÓPATAS INTEGRADOS: neste grupo podemos meter a banqueiros, a políticos, directivos de empresa e moitos outros que sen ter estes postos son pais de familia e exercen a súa maldade coa muller e os fillos.

O menos coñecido dos tres é o maquiavelismo xa que son moi sobrios e autocontrolados, aínda tendo un comportamento insensible e egoista e a súa personalidade é MOI MANIPULADORA  sendo raro que cheguen á consulta dun psicólogo... O narcisista crese con dereito a todo e é moi dominante.
Os tres comparten características: carácter socialmente malévolo con tendencias de comportamento cara ó autobombo, a frialdade emocional, a duplicidade/dobrez, e a agresividade.
Son responsables dos seus actos; é dicir, non teñen unha enfermidade mental (é unha forma de ser e comportarse na vida). Noutros paises coma EEUU, Reino Unido ou Israel ser psicópata supón un agravante da pena apelando á súa agresividade.

Pódese dicir que a psicopatía integra ós outros dous (o maquiavélico e o narcisista) pero por que é máis hábil para manipularnos?.... Pois por que non senten ansiedade, non se poñen nerviosos cando menten ou manipulan, non se senten culpables, non se distraen con emocións externas a os seus obxetivos e senten gran satisfacción. Tamén convén aclarar que NON SON MÁIS intelixentes.
En diferentes entradas explicarei con detalle cada un deles.

Comecemos co maquiavelismo. O maquinador adopta unha postura cínica ante os demais e busca poder por medio da manipulación e a astucia disociándoo do que é ético ou moral... Así é unha persoa fría e calculadora nas relacións cos demais, que non manifesta abertamente as súas ideas e trata de conseguir o que se propón sen respectar principios morais e de lealdade. Coñecedes algún así non?...
As persoas maquiavélicas están moito máis orientadas a ter éxito que a preocuparse pola xente que os arrodean, sendo MOITO MÁIS EFICACES Á HORA DE MENTIR CARA A CARA. Son moito mellores ca nós mentindo e enganando incluso en encontros intimos e moi personais (os estudos demostraron que non son máis intelixentes, simplemente non son empáticos, teñen frialdade emocional, o que facilita a súa forma de actuar).
Cantos políticos hai así verdade??? e no mundo familiar, interpersoal e afectivo......
Unha muller pode pensar: "ten problemas, pero eu podo axudalo"; "tivo unha infancia dificil só necesita cariño"... Pois NON non non ...unha muller que pense así, que se prepare, xa que ten todas as papeletas para acabar emocional, psíquica e financieiramente esgotada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario