luns, 17 de marzo de 2014

Sexo - Xénero - Violencia Simbólica

O sexo vén determinado bioloxicamente segundo sexa home ou muller. O xénero fai referencia aos comportamentos, características sociais, culturais e psicolóxicas que cada sociedade asigna a cada un dos sexos.
O xénero é unha construción psicolóxica, social, cultural, pódese dicir que é sinónimo das expectativas sociais, é cultural e aprendido.
Na nosa sociedade aínda se fala dun estereotipo de xénero feminino baseado na submisión, na tenrura, sensible, pasiva, necesitada de protección comprensiva, reprimida sexualmente e insegura. Mentres a opinión sobre o home é que sexa: violento, con autoridade, activo, triunfador, agresivo, competitivos, sexualmente libres...
O machismo atribúe á masculinidade máis valor, máis recoñecemento e socialmente hai a crenza de que o home é superior: os medios de comunicación contribúen a divulgar eses estereotipos machistas, esas nocións preestablecidas de ser home ou muller, é o que se chama violencia simbólica que segué presentando á muller como obxeto de desexo: os anuncios de coches con chicas en biquini, os anuncios en espazos domésticos onde sae máis a muller, as películas que falan do amor romántico como a única saída e o príncipe azul das películas Disney, etc...
Hai exemplos no audiovisual contemporáneo, nas artes visuais, na literatura que aínda lazan mensaxes machistas e temos que estar atentos para saber identificar xa que esta violencia lexitima o machismo e as súas pegadas se multiplican culturalmente...
Considerar que a muller pertence ao home, que debe satisfacer os desexos sexuais do seu home e ser fiel, que debe ser bela, sinxela, delicada, obedecer ao home, que elas son as responsables dos fillos e a familia son crenzas culturais patriarcais que se reproducen nos medios de comunicación, na cultura facendo violencia simbólica que percibe a nena desde pequena (e o neno). É algo construído, non natural e polo tanto pódese cambiar e débese cambiar. 
  

Ningún comentario:

Publicar un comentario