domingo, 31 de decembro de 2023

 Ao novo ano 2024 que comeza pídolle unha sociedade menos androcéntrica: Que escoite en menos ocasións a pregunta : pero se a maltrata porque nono deixa? en ton de xulgar ( deberían ler estas persoas). Que cando unha muller acode triste, decaída a un servicio sanitario non se lle poña unha simple etiqueta de depresión e ansiedade sen profundizar nas causas. Que a unha muller non lle pregunten nunha entrevista laboral : pensa ter fillas ou fillos nos proximos seis meses?. Que a unha muller non lle pregunten : para cando as fillas ou fillos? asi durante anos. Que ás nenas desde pequenas non sexan bombardeadas coa idea de ter un corpo normativo para os ollos do varón ou de quen sexa. Que non se espere delas só por ser muller, teñan que coidar aos maiores, que poden coidar igual os fillos varóns das familias. Que non se critique á muller cando levan unha vida máis centrada no traballo que no coidado das fillas e fillos. Que non escoite iso de que hai moitas denuncias falsas ( 0'01% son falsas según o Poder Xudicial), menos aínda quero escoitar a burrada de que non existe a violencia de xénero. E podería seguir....

Pídolle ás familias que estean pendentes e non miren cara o lado, ELAS soen falar en ocasións pedindo axuda e non poucas familias minimizan, porque o agresor pode ter unha cara moi distinta coa familia ou simplemente a familia non quere asumir a problemática que ten diante dos ollos. Tamén as fillas e fillos deben e poden actuar cando son adultos, pensemos no maltrato psicolóxico, devastador vitalmente para elas. Sen axuda é imposible sair. 

Temos que repetar  que elas tomén decisións na súa vida,  non debemos decidir por elas salvo en situacións de risco extremo ( os profesionais psicólogas e psicólogos traballamos con elas para que poidan decidir e protexerse). Nos casos de maltrato emocional, se deciden seguir coa relación, hai que traballar coas mulleres ferramentas para protexerse, ata que poidan dar o paso de poñer distancia. O que sí é CLAVE escoitalas e non poñer en dúbida o relato, é fundamental que alguén da familia valide e apoie. 

Son mulleres fortes, nono olvidemos, simplemente están mermadas pola convivencia continuada cun home controlador, depredador, acomplexado e perverso que as anula, as aniquila, elas son un instrumento nas mans deles. Podemos ser observadoras/res sen facer nada, absolutamente nada. Isto é real e está pasando cada día, non tapemos os ollos. 

FELIZ ANO 2024 ESPECIALMENTE, COS MEUS MELLORES DESEXOS, PARA TODAS AS MULLERES.

Ningún comentario:

Publicar un comentario